Bases: V Torneo Cidade de Lugo
DATA DE INICIO
19 de setembro do 2014
LOCAL DE XOGO
LUG 2. Rúa Pintor Corredoira, 4 – 27002 Lugo. Máis información: http://lug2.com/
CONCELLO
Lugo
RITMO DE XOGO:
90’ + 30” por xogada valedoiro para ELO FIDE. Os xogadores poderán chegar ata unha hora tarde.
HORARIO DE XOGO:
Rolda Data Horario
1 19 de setembro 17:00 horas
2 20 de setembro 10:00 horas
3 20 de setembro 16:30 horas
4 21 de setembro 10:00 horas
5 21 de setembro 16:30 horas
CARACTERÍSTICAS DO TORNEO:
1. Sistema de xogo: Suizo acelerado a cinco roldas.
2. Nº de participantes: Prazas limitadas.
3. Desempates: Os desempates serán os seguintes.
Bucholz total.
Bucholz mediano, quitando o peor resultado.
Número de partidas gañadas.
De manterse o empate seguirase por esta orde: Resultado particular e Xogador que leva as negras.
4. Inscrición: no email xaquedrum@gmail.com. A organización contestará ás inscricións que se vaian facendo a partir do 3 de setembro.
5. Prezo inscrición: 20 €
6. Data límite de inscrición: 18 de setembro ás 20 horas.
7. Entrega de premios: O 21 de setembro ás 20:30 horas.
8. Organización: Escola Luguesa de Xadrez e Asociación Cultural Xaquedrum
Nota:Os participantes no torneo autorizan a publicación de fotos e dos seus datos persoais nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listaxes de resultados, clasificacións, participantes, xogos, etc).
A inscrición no torneo leva aparellada a aceptación deste regulamento.
A organización resérvase o dereito de admisión.
A Organización resérvase o dereito a modificar as bases do V Torneo Cidade de Lugo sen outra obrigación que a de publicalas na páxina web do torneo. Os premios non poderán ser modificados.
Para facilitar a participación dos xogadores que por diferentes motivos non pode xogar poderase solicitar dous tipos de byes:
Tres byes de medio punto ata a terceira rolda.
Byes de cero puntos, os que o soliciten seguirán participando no torneo e non se lles dará de baixa.
Válido para o Circuito Galicia Norte
PREMIOS:
Total premios: 2530
Os premios repartiranse por rigorosa orde de clasificación, e non son acumulábeis.
No caso de ter dereito a dos, levará o de máis contía e de ter o mesmo valor o do escalón máis alto. Faranse as retencións legais sobre os premios publicados.
PREMIOS:
Absoluta | Sub 1900 | Femenina | |||
1º | 300€+150 axuda desprazamento | 1º | 200 € | 1º | 40 € |
2º | 300 € | 2º | 150 € | 2º | 20 € |
3º | 250 € | Sub 1700 | Sub 16 do Club ELX | ||
4º | 200 € | 1º | 200 € | 1º | 40 € |
5º | 150 € | 2º | 150 € | 2º | 20 € |
6º | 100 € | Sub 1500 | Sub 14 do Club ELX | ||
7º | 100 € | 1º | 60 € | 1º | 40 € |
2º | 40 € | 2º | 20 € |
Total: 2530€
Paxina web do torneo: https://escolaluguesadexadrez.wordpress.com/
Conversa
Aínda non hai comentarios.