Información xeral
DOCUMENTACIÓN:
Para realizar a inscrición no campamento será necesario:
- Formulario de solicitude.
- Fotocopia do cartón sanitario do neno ou nena.
- Pago do campamento.
CANDO. levarán a cabo tres campamentos de verán nas seguintes semanas:
Campa 1: 22 ao 26 de xuño
Campa 2: 29 de xuño ao 3 de xullo
Campa 3: 6 ao 10 de xullo
ONDE. No CEIP ILLA VERDE.
PRAZAS. Limitadas.
CAMPAMENTOS.
Xadrez Divertido. Dirixido a nenos de 4 a 7 anos que non saiban xogar ou estean a dar os seus primeiros pasos.
Xadrez máxico. Dirixido a nenos de 8 a 12 anos que xa coñezan as normas básicas do xadrez e queiran profundar nos trucos do xadrez. Haberá un grupo para os mozos e mozas que non saiban xogar ao xadrez.
Inscrición:
Para inscribirse no Campamento deberase remitir un email a xaquedrum@gmail.com, coa documentación requirida.
A asociación fará pre-inscricións aos interesados, a partir dese momento terán dez días para tramitar a documentación. Senón considerásese que non está interesado na reserva.
Coste:
Prezo por cada campamento de xadrez é de 60.
Existirán descontos para as familias que participasen no Campamento de Semana Santa ou nalgún do verán.
Os descontos serán:
2º Campa que participe o rapaz 10% desconto.
3º Campa que participe o rapaz 20% desconto.
4º Campa que participe o rapaz 30% desconto.
As persoas que veñán a través de servizos sociais terán un desconto de 50% do custo do campamento.
Número de conta:
O pago do campamento de xadrez será por transferencia bancaria e será na conta:
NOVAGALICIA BANCO: 2080-0102-16-3040014434
Conversa
Aínda non hai comentarios.