Xaque nas aulas
Xaque nas Aulas unha iniciativa impulsada pola Concellería de Educación e a Asociación Cultural Xaquedrum e que conta coa colaboración de Sogama, El Progreso, Telelugo, a Escola Luguesa de Xadrez e Confecciones Yute.
A campaña Tí que fas? Eu xogo ao xadrez, achegará o xadrez a escolares dos centros públicos de Lugo. Os centros serán o CEIP A ponte e o CEIP Luis Pimentel. En total se prevee que nestos primeiros cursos de Xaque nas aulas participe un total de 250 alumnos de primaria.
A actividade desenvólvese durante o horario escolar, e dura tres horas en cada unha das aulas.
Xaque na aulas no CEIP A Ponte
Participarán os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º do CEIP A Ponte de Lugo. Máis o menos cen alumnos do colexio. E levarase a cabo o 18, 25 de septembro e 2 de octubre
Xaque nas aulas no CEIP Luis Pimentel
Participarán os alumnos de 3º e 4ºdo CEIP Luis Pimentel. Máis o menos cento cincuenta alumnos do colexio. As Clases para 3º levaránse a cabo os días 24,26 de septembro e o 1 de octubre e as clases de os de 4º serán os días 27 de septembro, 4 e o 11 de octubre.
Xaque nas aulas, son unhas xornadas de acercamento do xadrez aos centros públicos. É unha actividade de introdución ao xadrez deseñada exclusivamente para o alumnado de centros escolares de primaria, durante o horario escolar.
Será dirixida por técnicos dá Asociación Cultural Xaquedrum e a Escola Luguesa de Xadrez, para realizar, ao longo de tres mañás, que lles permita a través de xogos, coñecer e gozar desta modalidade.
Ademais, as actividades van dirixidas a alumnos da Educación Primaria, onde os procesos de ensino e aprendizaxe baseados en xogos e deportes, adquiren unha especial transcendencia, sobre todo nos simbólicos e regulados (como o caso do xadrez) que axuden a procesos de desenvolvemento social e cognitivo, potenciando habilidades de pensamento abstracto e de respecto a normas e regras establecidas como base do propio deporte.
A metodoloxía dos cursos aos alumnos é participativa e onde o alumno vai aprendendo xogando e vendo os resultados da súa aprendizaxe. Levarase a cabo unha breve explicación e o alumno posteriormente poñeraos en práctica xogando diferentes posicións cos seus compañeiros.
Aproveitando este programa, Xaquedrum tamén prevé difundir os valores medioambientais na correcta xestión dos residuos urbanos, apelando así á responsabilidade, individual e colectiva, dos produtores, é dicir, os cidadáns, e na que os pequenos desempeñan un importante papel, tendo as súas condutas un efecto multiplicador no ámbito familiar e social.
UN INSTRUMENTO PEDAGÓGICO DE PRIMEIRA MAGNITUDE
BENEFICIOS SOCIAIS, EDUCATIVOS E ATA TERAPÉUTICOS
O xadrez, máis aló de ser concibido como un xogo ou un deporte, constitúe un instrumento pedagóxico de primeira magnitude para o desenvolvemento intelectual das persoas, como así teñen constatado diferentes investigacións científicas. Tal chega a ser a súa incidencia na formación educativa dos escolares, que a propia UNESCO recomendou oficialmente, no ano 1995, a todos os países membros a súa incorporación ao programa curricular do ensino primario e secundario.
E é que, con algo tan simple como un taboleiro, 32 pezas e dúas mentes pensantes, lógrase desenvolver e incrementar un bo número de habilidades cognitivas nos pequenos, que poderán utilizalas en distintas áreas de coñecemento. Porque o xadrez aumenta a capacidade de concentración e prevén o fracaso escolar, exercita a memoria, tanto a curto como a longo prazo, desenvolve o razonamento lóxico matemático, mellora a capacidade de resolución de problemas e toma de decisións, incrementa a autoestima e afán de superación (cada partida é un novo reto para o xogador), e axuda a aprender a reflexionar, planificar e previr, debendo anticiparse ás respostas do contrario.
De feito, a Universidade alemá de Treveris, tras máis de catro anos de estudos, verificou que a capacidade matemática e de lectura dos xadrecistas é o dobre de boa que a do promedio de alumnos, e que as súas capacidades lingüísticas son tres veces mellores respecto dos que non xogan ao xadrez. Tras estas conclusións, varias escolas da cidade de Dresden procederon a substituír unha hora de matemáticas semanal por unha de xadrez.
Ao mesmo tempo a declaración do Parlamento Europeo, do 15 de marzo de 2012, onde pide aos Estados membros que apoien a introdución do programa «Xadrez na Escola» nos sistemas educativos da Unión Europea.
Ademais, a práctica desta disciplina segue a ter efectos positivos na idade adulta e a vellez, chegando ata a previr a enfermidade de Alzheimer, a forma máis frecuente da demencia senil.
Conversa
Aínda non hai comentarios.