Campañas

Tí que fas? Eu xogo ao xadrez.

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, a Asociación Cultural Xaquedrum en colaboración con Sogama, El Progreso, Telelugo, Casa Paco, Confeccións Fibra Vexetal e Dvorak2.0 organizan a campaña Ti que fas? Eu xogo ao Xadrez.

Preténdese crear actividades alternativas para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e este tipo de iniciativas son importantes para a aprendizaxe dos nenos e nenas xa que poden aprender a xogar ao xadrez con monitores ou facer uso da biblioteca itinerante e ler libros.¡Yal mesmo tempo, crear espazos de onde el neno poida realizar actividades de ocio educativo.

Ao mesmo tempo, preténdese achegar o xadrez aos escolares lucenses e aos seus familiares. A campaña levará o xadrez a centros educativos, á praza maior…
Estas actividades teñen moito éxito e cada vez son máis os nenos e nenas que se achegan a participar nas actividades. Ademais salientou que teñen un interese familiar para que pais, nais e nenos poidan compartir diferentes momentos de ocio dun xeito máis divertido.

Xaque na rúa e Baúl Viaxeiro
Todo o mes de setembro de luns a venres se levará a cabo o xadrez na praza maior e ao mesmo tempo, instalarase o baúl viaxeiro para as persoas que queiran ler un libro. A actividade comezará ás 17 horas ata as 20 horas.

DSCF3235

Presentación da campaña
O martes tres de setembro farase a presentación da campaña. Na presentación o alcalde de Lugo xogará contra Quique Setién unha partida de exhibición e posteriormente, Quique Setién xogará contra o equipo da Escola Luguesa Dvorak 2.0.

DSCF3095DSCF3138DSCF3150

Presentación do Xogo de Xaquedrim
O xoves cinco de Setembro ás 17 :30 horas presentarase na praza maior o xogo de Xaquedrim, onde alumnos da escola xogarán unha partida no novo material didáctico creado polos mozos da entidade. Para Xaquedrum é importante seguir innovando e creando novo material didáctico.

DSCF3179DSCF3189

IV Torneo Cidade de Lugo
Do 20 ao 22 de Setembro organizarase a cuarta edición do TorneoCidade de Lugo, este torneo está dirixido a xogadores e xogadores con experiencia nas competicións oficiais. É un torneo válido para ranking internacional.

web cidade de lugo2013

Xaque nas aulas
Un ano máis farase a campaña nos colexios Xaque nas aulas, onde os monitores de Xaquedrum levarán o xadrez aos colexios da cidade durante o horario lectivo. O ano pasado se llegói a máis de 1300 escolares e este ano espérase chegar a máis de 1500 escolares.

xadrez nas aulas(2)

Escola municipal de xadrez
Dende o 3 de Setembro ábrese o prazo para inscribirse na escola municipal de xadrez. Este ano haberá 175 prazas. Onde haberá grupos dende os catro anos e se volverá apostar por aumentar as clases de adultos, onde se fará un grupo para nais os venres de sete da tarde a oito e media.

EDM POSTAIS 13-14

Advertisement

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Patrocinadores

Colaboradores

A %d blogueros les gusta esto: